Aviso legal

PRIMEIRA

Informámoslle de que a Plataforma IACOBUS é propiedade da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal (GNP, AECT), con domicilio en c/Eduardo Cabello s/n – Edificio CETMAR – 36208, Vigo (Pontevedra), España, e CIF Q15000336A. Esta páxina utilízase para ofrecer información sobre o Programa IACOBUS, incluíndo candidaturas e actividades asociadas. Para calquera consulta relacionada coa plataforma, pode contactar por correo electrónico en iacobus@gnpaect.eu ou por teléfono en +34 986 135126.

SEGUNDA

Os dereitos de propiedade intelectual da información e do material gráfico contidos nesta plataforma pertencen en exclusiva á GNP, AECT. A utilización por terceiros require autorización previa, citando a súa orixe e propiedade. Calquera uso non autorizado, incluíndo fins comerciais ou inadecuados, constitúe unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual. O acceso e uso da plataforma é responsabilidade exclusiva do usuario.

TERCEIRA

Esta plataforma utiliza cookies para o seu correcto funcionamento. Son pequenos ficheiros descargados no navegador que se empregan, de forma anonimizada, para mellorar os servizos ofrecidos (por exemplo, datos de sesión ou idioma) e recoller información estatística. En ningún caso se utilizan para obter datos persoais, e o usuario pode deshabilitalas no seu navegador.

CUARTA

A información contida na web ten carácter meramente orientativo e non vinculante, podendo modificarse en calquera momento, e non prevalece sobre a documentación oficial publicada no DOCE, BOE, DOG, BOP ou outras fontes, nin sobre o disposto no R.D. 208/96, que regula os servizos de información administrativa.

QUINTA

Os enlaces a páxinas web de terceiros non xeran ningunha responsabilidade para a GNP, AECT.

SEXTA

A GNP, AECT advirte que o envío de correos masivos ou non solicitados («SPAM») ás contas de correo asociadas a esta plataforma dará lugar á responsabilidade correspondente do remitente.

SÉPTIMA

Este Aviso Legal réxese íntegramente pola lexislación española. Os xulgados e tribunais de Vigo serán competentes para a resolución de calquera conflito derivado ou relacionado co uso desta web.